986 438 358 / 986 687 504
info@campingislascies.com

| |

ACAMPADA CON TENDA PROPIA

Na opción con tenda propia, o campista é o que monta a súa tenda nas zoas de acampada (Zoas C e D) ver mapa

As reservas realizaranse a través da nosa web ou directamente na oficina da estación marítima de ría, onde está a nosa oficina do camping.

Na reserva deberá indicar o número de adultos, de cativos e o número de tendas a montar. A cada tenda lle corresponde unha parcela, pero é posible instalar dúas ou máis tendas nunha parcela se o cliente así o desexa.

A hora de acceso a parcela e a partires das 12:00 h o día de chegada.

O día de saída deberá abandonar a parcela antes das 12:00h, pasada esa hora cobrarase un día máis.

O número da reserva é necesario para reservar o billete do barco, polo que e necesario reservar primeiro o camping e despois o barco.

O cliente, unha vez chega a illa, dirixirase a recepción do camping para realizar a entrada. As parcelas non dispoñen de toma de corrente nin de auga. O camping pon a disposición dos clientes dun punto de carga de baterías móbiles. Este servizo é gratuíto.

Tamén poderá utilizar os enchufes que atope nos servizos hixiénicos ou no salón social.

Non deixe os móbiles abandonados cargando!

Pódese utilizar o camping gas diante das tendas, o supermercado dispón de bombonas a venda e en aluguer.

IMPORTANTE: COIDADO COAS GAIVOTAS!. Non deixen alimentos nin lixo fora das tendas. Existen puntos limpos donde depositar o lixo (puntos limpos) o lado dos módulos de aseo.

MOI IMPORTANTE: PROHIBIDO PRENDER LUME!