| |

ALUGUER DE TENDAS


CONDICIÓNS XERAIS

Se non dispoñedes de tenda de campaña ou preferides durmir nunha cama, o camping ten unhas tendas xa montadas para alugar.

As tendas están localizadas nas zoas A e B. (ver plano).

Ao campista que reserva unha tenda de aluger, asígnaselle unha tenda xa montada, situada nestas zoas.

A situación da tenda ven disposta polo orde da reserva, sendo as de primeira liña as que se reservan primeiro.

O interior das tendas conta co somier con patas, colchón, funda de colchón e saba baixeira, almofada e funda de almofada.

As tendas non están equipadas con saco de durmir nin manta. O cliente e quen de levar os propios se así o desexa.

Tamén e posible alugar os sacos cando se fai a reserva ou na recepción do camping.

A parcela non dispón de toma de corrente nin de auga.

O camping pon a disposición dos clientes un punto de carga de baterías móbiles por enerxía solar. Este servizo é gratuíto.

Tamén poderá utilizar os enchufes que atope nos servizos hixiénicos ou no salón social.

Non deixe os móbiles abandonados cargando!

Prohíbese expresamente a utilización de cociñas de camping gas no interior das tendas.

Non está permitido fumar no interior das tendas.

Non é aconsellable deixar obxectos de valor nas tendas, poderá depositalos se o desexa na recepción do camping. O camping non se fai responsable das perdas ou subtraccións que se produzan nas mesmas.

MOI IMPORTANTE:

HORA DE ENTRADA NA TENDA:
A PARTIRES DAS 15:00 HORAS (DÍA DE ENTRADA)

HORA DE SAÍDA DA TENDA:
ANTES DAS 12:00 HORAS (DÍAS DE SAÍDA). PASADA ESA HORA COBRARASE UN DÍA MÁIS.

Os clientes de tenda de aluguer teñen a súa disposición, tanto a chegada coma a saída, unhas tendas almacén, onde poderán deixa-la equipaxe mentres esperan a hora de entrada na tenda (15:00 h), así coma para deixa-la equipaxe á hora de saída (12:00 h) se van a permanecer máis tempo na illa. Consulte na recepción pola súa localización.

Para máis información: alquiler@campingislascies.com (por favor, non utilice para reservar, só información, non se realizan reservas por teléfono nin por correo electrónico, grazas!)

  • Tenda sinxela

    Cunha cama de 135 x 190 cm para unha ou dúas persoas.

    Ademais das dúas persoas, e posible engadir un suplemento de cativo de 3 a 17 anos (consulte taxas).

    Non e posible engadir un suplemento de adulto (+ 18 anos).

    Este suplemento de cativo non inclúe unha cama nin un colchón adicional, que poderá levar o campista se así o desexa.

    Tamén poderase engadir un suplemento de bebé (0-2 anos) sen custe.

    O camping dispón de berce de viaxe de aluguer. Poderá alugalas a hora de facer a reserva.

  • Tenda dobre

    Máis amplo, con dúas camas de 120 x 190 cm para dúas, tres ou catro persoas

    Ademais das catro persoas, e posible engadir un suplemento de cativo de 3 a 17 anos (consulte taxas)

    Non e posible engadir un suplemento de adulto (+ 18 anos)

    Este suplemento de cativo non inclúe unha cama nin un colchón adicional, que poderá levar o campista se así o desexa.

    Tamén poderase engadir un suplemento de bebé (0-2 anos) sen custe.

    O camping dispón de berce de viaxe de aluguer. Poderá alugalos a hora de facer a reserva.