986 438 358 / 986 687 504
info@campingislascies.com

| |

SERVIZOS E INSTALACIÓNS

Oficina de información da estación marítima da Ría en Vigo

Na estación marítima de Vigo, dende onde se colle o barco para ir ás illas Cíes, atópase a nosa oficina de información. É importante que amose alí a reserva, para que o persoal do camping faga unha primeira comprobación e lle axude con algunhas indicacións.

Os campistas que tomen o barco dende Cangas ou Baiona, non é preciso que pasen por Vigo xa que o control da reserva faise na recepción do camping. Nesta oficina poderá consultar toda a información e realiza-la reserva se non a fixo por internet.

Teléfono: 986 438 358
Horario:
de 08:30 a 19:00 horas (TEMPORADA ALTA)
de 09:30 a 13:00h e de 15:00 a 18:30h (TEMPORADA BAIXA)

Recepción nas illas Cíes

Na recepción formalízanse as entradas e saídas do camping, onde o noso persoal estará encantado de atender as dúbidas ou cuestións que lle podan xurdir durante a estadía.

O camping ten wifi gratuíto. Tamén poderán contratar aquí as actividades de rutas guiadas, mergullo, kayak,...

Non dispoñemos de consigna para a equipaxe nin caixa forte. Recomendámoslles que leven consigo o diñeiro, a documentación, o teléfono móbil, etc. Xeralmente non hai roubos pero e mellor ser precavido.

Diante da recepción atópase o punto de recarga de baterías móbiles por enerxía solar, onde poderedes deixar a cargar os móbiles, baterías, etc. Entregarase unha número. Este servizo non ten custe.

Teléfono: 986 687 630
Horario:
de 09:30 a 20:30 horas (TEMPORADA ALTA)
de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas (TEMPORADA BAIXA)
recepción

Servizos hixiénicos

Existen dous módulos de servizos hixiénicos que dispoñen de duchas de auga quente gratuíta.

Debido ó escaseo de auga na illa, estes funcionan con fichas que se lles subministraran na recepción o dia de chegada.

Ademais das duchas, os baños tamén dispoñen de enchufes e contan con cambiadores adaptados para bebés. Tamén dispoñen de baño adaptado para as persoas que o necesiten.

Pedímoslle a súa colaboración á hora de reducir o consumo de auga xa que como lle comentamos é un ben escaso na illa.

Baños Baños Baños

Salón Social

O camping dispón dun salón social, con servizo de cafetería, televisión, prestamos de prensa e libros, xogos de mesa.O cámping dispón dun salón social, con servizo de cafetería, televisión, prestamos de prensa e libros, xogos de mesa.

Tamén dispón de terraza.

Realízanse actividades para os máis cativos cun monitor de tempo libre.

Horario: de 09:30 a 01:00 horas

Supermercado

O camping dispón dun pequeno supermercado onde se poderán adquirir alimentos e bebidas básicas (pan, leite, froita fresca, iogures, conservas, embutido, refrescos e auga). Non dispón de peixe ou carne fresca.

Ten tamén botellas de butano de cámping gas para alugar pero non os accesorios para empregalo. Nel pódense atopar tamén útiles de acampada, traxes de baño, protectores solares e útiles de droguería básicos.

Os prezos poderían verse lixeiramente aumentado polo transporte ata a illa das mercadorías.

Horario: de 10:00 a 21:00 horas.

Servizo de seguridade

Coa fin de preservar a tranquilidade no lugar e prestar atención a algunha situación especial ou de emerxencia, o cámping ten dous gardas nocturnos que se encargan de atender algunha continxencia e prestan atención para que se respecten os horarios de silencio (de 01:00 a 09:00h), segundo se especifica na normativa do parque. Neste sentido, é de vital importancia e agradecemento a súa colaboración para que sexa respectado dito silencio.

Accesibilidade

O camping é accesible a discapacitados. Unha vez na illa, o persoal de recepción facilitaralle as condicións a ter en conta para facer a súa estancia o máis agradable posible. Poderá atopar a información sobre as características de accesibilidade premendo aquí.

Atención

O persoal do camping estará a súa disposición para axudar ou aclarar calquera dúbida que poida xurdirlles.

Recorde que se atopa nun parque nacional onde se prima a sostibilidade e o respecto ao medio que o rodea.

Desfrute e preste especial atención as normas do parque.

Agradecemos a súa colaboración.