Completa o seguinte formulario para completar a reserva.
O primeiro paso é realizar a reserva no camping. Para iso, deberás escoller entre traer a túa propia tenda ou reservar unha das nosas tendas xa montadas con cama incluída.
En ambos os casos, é necesario seleccionar as datas de entrada e saída e cubrir, como mínimo, os seguintes datos do cliente: nome completo, Nº de documento ou pasaporte, correo electrónico e teléfono.
Unha vez introducidos estes datos e aboada a primeira noite da estancia, recibirás un correo electrónico confirmando a túa reserva desde o que poderás ompletar os datos, facer cambios e solicitar a autorización á Xunta.
Para acceder á illa é imprescindible contar coa autorización da Xunta de Galicia. Esta autorización é necesaria para poder mercar o billete de barco.
Unha vez solicitada a autorización, recibirás un correo electrónico de [email protected] co código de reserva previa necesario para mercar o teu billete de ferry. Esta autorización garante a túa capacidade para mercar un billete de ferry para acceder á illa. O código non caduca, polo que podes mercar o teu billete en calquera momento.
Se xa estamos a xestionar a túa autorización, en canto sexa aprobada recibirás 2 correos: un noso e outro da Xunta desde [email protected] co código de pre-reserva necesario para poder mercar os billetes de barco.